Produkt wurde in den Korb gelegt
Sie haben 0 Artikel in Ihrem Warenkorb. Es gibt 1 Artikel in Ihrem Warenkorb.
Wir verwenden unsere eigenen und Drittanbieter-Cookies, um Ihre Erfahrung und unsere Dienste zu verbessern, indem wir Ihr Surfen auf unserer Website und Ihre Interaktion mit uns analysieren und Ihnen Werbung basierend auf Ihren Surfgewohnheiten anzeigen können. Um der Verwendung zuzustimmen, klicken Sie auf die Schaltfläche "Ich stimme zu".
Mehr Informationen Cookies verwaltenO espazo: a última fronteira. Así remataban os capítulos dunha famosa serie de ciencia ficción e non lle faltaba razón. Científicos e astronautas de todas as nacionalidades pasan pola Estación Espacial Internacional e poñen o seu enxeño a traballar na procura de planetas habitables, de novas fontes de enerxía e materiais, de vida intelixente e, por que non dicilo, dun novo fogar, por se a Terra fose irrecuperable.
Ademais, as últimas innovacións no campo da impresión 3D revitalizaron a conquista espacial. Para que fabricar pezas na Terra para logo mandalas a 408 quilómetros de distancia?
Pero claro, non todo pode ser harmonía e creación. Unha inxente agrupación de meteoritos aproxímase á Estación a toda velocidade e a estimación inicial, aínda coas contramedidas activas, fai presaxiar graves danos. Son demasiados e, a esa velocidade, pode que até o máis pequeno deles sexa capaz de destruír a Estación.
Hai que escapar, pero… os módulos de escape aínda non están listos! Hai que rematar de polos a punto e pór a toda a tripulación a salvo. Axiña, ás impresoras 3D! Quizais non é o que planearades facer hoxe, pero, talvez vos convertades nos heroes que salven a situación...
3D Printing Mission, A scape odissey é un xogo de cartas para entre 2 e 4 xogadores, que competirán por ser o primeiro en rescatar aos científicos que habitan na Estación Espacial Internacional da gran choiva de meteoritos que se achega inexorablemente.
O xogo contén 54 cartas, entre as que se atopan 4 cartas de Impresoras 3D de 4 tecnoloxías de impresión 3D diferentes (filamento, resina, po plástico e metal). Cada unha destas cartas conta por unha cara unha impresora 3D básica e pola outra cara unha impresión 3D avanzada que, polas súas características, permitirá imprimir deseños que nas impresoras 3D básica resultaría moi difícil ou directamente imposible.
As outras 50 cartas mostran por unha cara diferentes deseños de pezas necesarias para reparar os módulos de escape da nave e así poder escapar antes de que chegue a choiva de meteoritos á Estación e, pola outra cara, diferentes materiais e accesorios que se utilizarán para imprimir os deseños na impresora 3D adecuada. Ademais, estas cartas contan con diferentes Efectos ou accións que farán máis dinámico e divertido o xogo.
En cada quenda, o xogador poderá realizar dúas accións co obxectivo de conseguir os materiais e accesorios necesarios para poder imprimir diferentes pezas para a reparación da nave. En cada deseño especifícase cal ou cales tecnoloxías son adecuadas para a súa impresión 3D. Cada deseño conseguido outorgará unha puntuación, en función de complexidade. O primeiro que consiga os puntos necesarios será o gañador e o heroe da misión.
O xogo está ideado para maiores de 12 anos, sen necesidade de contar con coñecementos sobre impresión 3D previos. O xogo permitirá aos usuarios que se queiran achegar á impresión 3D por primeira vez, ou que están a dar os seus primeiros pasos neste mundo, coñecer as diferentes tecnoloxías, materiais e aplicacións da impresión 3D. Pero tamén os usuarios máis expertos atoparán aspectos interesantes nos detalles das cartas: porqué determinado deseño é máis adecuado para unha tecnoloxía ou que novos materiais son xa unha realidade noutras tecnoloxías coas que quizá non traballasen tanto.
Máis aló do xogo, as propias cartas conteñen información interesante para aprender sobre impresión 3D. Nas cartas de materiais e accesorios indícanse os seus principais usos e características máis destacadas. En cada deseño explícase por que é máis adecuado imprimilo nunha ou outra tecnoloxía. Mentres que cada carta de impresoras 3D detállase cada unha das 4 tecnoloxías (filamento, resina, po plástico e metal), así como as características que se poden atopar unha impresora 3D avanzada ou profesional con respecto a unha máis básica ou desktop.
Un xogo que seguro que gozará calquera persoa interesada pola impresión 3D, tanto para divertirse como para aprender.
Se contas cunha impresora 3D, podes descargar o deseño da nave de 3D Printing Mission en formato STL xa preparado para imprimir. Consta de 4 pezas separadas coas que montar a nave de forma moi sinxela.
Sobre a Estación Espacial Internacional
Se queres coñecer máis sobre a Estación Espacial Internacional, podes seguir en directo o streaming da webcam a bordo ou dar un paseo virtual pola Estación.
Tamén podes seguir o día a día da tripulación na súa conta oficial de Twitter.